lunes, 1 de diciembre de 2014

Ficha inscriptiva


I CAMPEONATO DE FUTBOLIN FICHA DE INSCRIPCIÓN
AAVV CHAFARIS
DATOS PERSONALES:

NOME____________________________________________________________________

APELIDOS__________________________________________________________________

IDADE_____________________________________________________________________

POBOACIÓN_________________________________________________________________

PROVINCIA__________________________________________________________________

TELEFONO CONTACTO_________________________________________________________

NOME DO GRUPO __________________________________________________________ __

CUOTA DE INSCRIPCIÓN: 5 € POR PAREJA

INGRESO: ABONARÁNSE OS CARTOS AO COMEZO DO CAMPEONATO (DÍA 12 ÁS 21:00)

COMPROMISOS QUE ACEPTA:

BASES DE PARTICIPACION

FIRMA DO CAPITÁN:





-------------------------------------------------

Narón _____ de Decembro do _______

Bases do campeonato de futbolin



AVV.CHAFARIS
I CAMPEONATO DE FUTBOLIN
BASES
Primeiro.- Obxeto
Convócase o I campeonato de futbolín có obxetivo de fomentar a participación e  convivencia dos vecinos durante o nadal.
Segundo.- Participantes
Poderán participar todos os veciñ@s que o desexen formando parellas, só se acepta unha inscripción por parella.
Terceiro.- Inscripcións
As inscripcións efectuaránse dende o dia  24 de novembro ata o dia 4 de decembro. Imprimiranse as fichas inscriptivas na seguinte entrada e ao completalas, deberán ser depositadas no buzón do local.
Requírese un mínimo de 12 parellas para celebrarse o campeonato
A inscripción será de 5€ por parella.
Cuarto.- Data
Fase de grupos : Día 12 de decembro ás 21:00 h
Semifinal e Final:  Día 13 de decembro a partir das 16:30h
Quinto.- Encontros
Cada encontro disputaráse a 15 bolas. O equipo que acade 8 tantos primeiro, será o vencedor e levará 3 puntos.
Sexta.- Reglas
-Realizarase un sorteo de 4 grupos una vez pechadas as inscripcións.
-Cada parella xogará contra todas as parellas do seu grupo.
-A primeira parella de cada grupo que maior puntuación teña será a que pase á semifinal.
-A semifinal  realizarase xogando entre os catro finalistas de cada grupo:
 Finalista do 1º grupo contra finalista do 2º grupo 
 Finalista do 3º grupo contra finalista do 4º grupo
-A final xogaráse coma outro encontró calquera, a 15 bolas
- Daráse por perdido o enfrontamento do equipo inscrito e non presentado no turno de xogo,reservándose a organización o dereito dunha nova convocatoria de xogo.
SETIMA.- Normas básicas de funcionamento
-Os equipos poden estar formados por homes, mulleres ou mixtos, sendo un deles os capitán








Organiza: AAVV. Chafaris    Colabora: Concello de Narón

domingo, 22 de diciembre de 2013

Bos días veciños

Infórmavosmos de que o vindeiro 10 de Xaneiro de 2014 vaise realizar a Asemblea Xeral Ordinaria no local da Asociación na Rúa Tui Nº 16; as 20:30 horas en
primeira convocatoria e as 20:45 en segunda.

A orde do dia é a seguinte:

1- Aprobación  da acta da sesión anterior.

2- Estado de Contas a data 31-12-2013.

3- Rolda de intervencións.


O remate da sesión, faremos a tradicional CHOCOLATADA CON CHURROS, que será gratuíta para todos os socios.

Esperamos a vosa asistencia.






Aproveitamos para desexarvos a todos un Feliz Nadal , e unha boa entrada de Aninovo.

martes, 5 de noviembre de 2013


 
MAGOSTO 2013
 
Bos días amigos
Este ano como e costume o dia 8 de Novembro imos celebrar o Magosto no local social da nosa asociación.
Temos programadas varias actividades para que tanto os nenos coma os maiores pasedes un bo rato.
A partires das 16:30 horas comezará o MAGOSTO INFANTIL, con Obradoiro de Cabazas.
Haberá Chocolate con Churros para todos os participantes.
SOCIOS GRATIS
NON SOCIOS 2 €
E imprescindible que os nenos que queiran participar no Obradoiro traían a súa cabaza.

A partir das 20:30 Tamén no Local Social, comezará o MAGOSTO 2013 con degustación de
CALLOS E CASTAÑAS


Socios 6€
Non Socios 8€
Anímavosmos a participar na nosa festa achegádevos o noso Local da Rúa Tui o vindeiro 8 de Novembro.

Organiza: Asociación Veciños Chafaris
Colabora : Concello de Narón

lunes, 30 de septiembre de 2013

Boas tardes amigos e veciños.


Recordámosvos que está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de Ximnasia de Mantemento e Guitarra Española.

 Tamén temos programados  cursos de Memoria, Inglés e Iniciación a Informática,
sempre e cando contemos cun número de alumnos suficiente para poder realizalos.

Anímavos-mos a todos os interesados que vos poñades en contacto connosco a través do nº  de teléfono 652-340-284 ou enviando  un  correo electrónico a : aavvchafaris@gmail.com.

lunes, 23 de septiembre de 2013

INICIO ACTIVIDADE 2013/2014

Ola amigos e veciños.

Ca chegada do Outono comezamos de novo a nosa actividade na asociación de veciños Chafaris.

Estamos traballando para poder ofrecervos novas actividades de ocio e culturais para  todos aqueles que esteades interesados.

Xa están abertos os prazos de inscrición para os seguintes cursos:

Ximnasia de Mantemento, Taller de Memoria, Guitarra Española  Clases de Inglés e Iniciación a Informática.

As datas previstas de inicio dos cursos son os seguintes:

-Ximnasia de Mantemento: A partir do día 2 de Outubro; os Luns, Mércores, e Venres de 9:15 a 10:00 horas.

-Guitarra española: A partir de día 4 de Outubro; os Venres de 18:30 a 20:00

Os cursos de Memoria, Inglés e Iniciación a Informática están pendentes da inscrición das persoas interesadas, xa que debe haber un número mínimo de alumnos para poder realizalos.


Anímavosmos a todos a participar nas nosas actividades; manterémosvos informados de todas as novidades que vaian xurdindo o longo destas semanas.

Tlf: 652-340-284

lunes, 24 de junio de 2013

Encontro Interxeneracional

Boas tardes.
Recordarvos que este sábado no Trece celebrase o encontro interxeneracional  promovido polo concello de Narón.  Dende as 10:30 da mañá, ata a tardiña.
Esperamos a vosa asistencia.