domingo, 22 de diciembre de 2013

Bos días veciños

Infórmavosmos de que o vindeiro 10 de Xaneiro de 2014 vaise realizar a Asemblea Xeral Ordinaria no local da Asociación na Rúa Tui Nº 16; as 20:30 horas en
primeira convocatoria e as 20:45 en segunda.

A orde do dia é a seguinte:

1- Aprobación  da acta da sesión anterior.

2- Estado de Contas a data 31-12-2013.

3- Rolda de intervencións.


O remate da sesión, faremos a tradicional CHOCOLATADA CON CHURROS, que será gratuíta para todos os socios.

Esperamos a vosa asistencia.






Aproveitamos para desexarvos a todos un Feliz Nadal , e unha boa entrada de Aninovo.

martes, 5 de noviembre de 2013


 
MAGOSTO 2013
 
Bos días amigos
Este ano como e costume o dia 8 de Novembro imos celebrar o Magosto no local social da nosa asociación.
Temos programadas varias actividades para que tanto os nenos coma os maiores pasedes un bo rato.
A partires das 16:30 horas comezará o MAGOSTO INFANTIL, con Obradoiro de Cabazas.
Haberá Chocolate con Churros para todos os participantes.
SOCIOS GRATIS
NON SOCIOS 2 €
E imprescindible que os nenos que queiran participar no Obradoiro traían a súa cabaza.

A partir das 20:30 Tamén no Local Social, comezará o MAGOSTO 2013 con degustación de
CALLOS E CASTAÑAS


Socios 6€
Non Socios 8€
Anímavosmos a participar na nosa festa achegádevos o noso Local da Rúa Tui o vindeiro 8 de Novembro.

Organiza: Asociación Veciños Chafaris
Colabora : Concello de Narón

lunes, 30 de septiembre de 2013

Boas tardes amigos e veciños.


Recordámosvos que está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de Ximnasia de Mantemento e Guitarra Española.

 Tamén temos programados  cursos de Memoria, Inglés e Iniciación a Informática,
sempre e cando contemos cun número de alumnos suficiente para poder realizalos.

Anímavos-mos a todos os interesados que vos poñades en contacto connosco a través do nº  de teléfono 652-340-284 ou enviando  un  correo electrónico a : aavvchafaris@gmail.com.

lunes, 23 de septiembre de 2013

INICIO ACTIVIDADE 2013/2014

Ola amigos e veciños.

Ca chegada do Outono comezamos de novo a nosa actividade na asociación de veciños Chafaris.

Estamos traballando para poder ofrecervos novas actividades de ocio e culturais para  todos aqueles que esteades interesados.

Xa están abertos os prazos de inscrición para os seguintes cursos:

Ximnasia de Mantemento, Taller de Memoria, Guitarra Española  Clases de Inglés e Iniciación a Informática.

As datas previstas de inicio dos cursos son os seguintes:

-Ximnasia de Mantemento: A partir do día 2 de Outubro; os Luns, Mércores, e Venres de 9:15 a 10:00 horas.

-Guitarra española: A partir de día 4 de Outubro; os Venres de 18:30 a 20:00

Os cursos de Memoria, Inglés e Iniciación a Informática están pendentes da inscrición das persoas interesadas, xa que debe haber un número mínimo de alumnos para poder realizalos.


Anímavosmos a todos a participar nas nosas actividades; manterémosvos informados de todas as novidades que vaian xurdindo o longo destas semanas.

Tlf: 652-340-284

lunes, 24 de junio de 2013

Encontro Interxeneracional

Boas tardes.
Recordarvos que este sábado no Trece celebrase o encontro interxeneracional  promovido polo concello de Narón.  Dende as 10:30 da mañá, ata a tardiña.
Esperamos a vosa asistencia.

jueves, 20 de junio de 2013

San Xoán

Hola amigos, xa queda menos para a nosa celebración de San Xoán. Recordade mañá as 21:30 esperámosvos na nosa asociación.Imos facer unha boa troula.


martes, 18 de junio de 2013

Churrascada San Xoán

Bos días amigos.

Como vos anunciábamos hai uns días, este venres 21 de xuño  imos celebrar a churrascada de San Xoán.
O evento terá lugar nas inmediacións do local da asociación, na rúa Tui.
Haberá churrasco, chourizo, bebida, café e bola. O prezo será coma o ano pasado; 5€ para os socios e 8€ para os non socios.

Esperámosvos. Habémolo pasar moi ben.

viernes, 14 de junio de 2013

San Xoán

Boas tardes amigos. Achégase a data de San Xoán, e coma tódolos anos, imos organizar unha churrascada, que previsiblemente será o 21 de Xuño.
Xa vos iremos informando cando teñamos os detalles concretados.



viernes, 7 de junio de 2013

Debido o mal tempo, o  xantar que estaba programado  para mañá 
na Área Recreativa de Pedroso; vaise celebrar no local da nosa asociación.
Agardámosvos a partires das 14:00 horas.

martes, 4 de junio de 2013

Hoxe 4 de xuño nos haberá "Taller de memoria".  Disculpade as molestias; o vindeiro martes esta actividade realizarase outra vez con normalidade. Gracias

lunes, 3 de junio de 2013

Este sábado día 8 de xuño, con motivo da celebración do día do medio ambiente;
imos facer un xantar comunitario para os socios de carácter gratuito.
Ademáis imos prantar unhas árbores doadas polo concello de Narón.
Os interesados en participar nesta actividade poden poñerse en contacto connosco a través do noso correo electrónico  ou chamando o Nº 652340284.

Colabora o Concello  de Narón
Esta tarde as 20:00 horas terá lugar a reunión semanal nas dependencias da nosa
asociación.